O concello de Mos pon en marcha un ano máis a tradicional “Excursión ao Parque Acuático Amarante” dirixida ás familias e poboación en xeral, tendo preferencia as empadroadas en Mos.
A actividade terá lugar o próximo 31 de Agosto e no caso dos menores de idade deberán ir acompañados/as polos seus pais/nais/titores.
O prazo de inscrición está aberto dende onte ata o 2a de agosto por rigurosa orde de entrada.
A listaxe de admitidos será publicada o 22 de agosto na páxina web do concello e na OMIX.
Unha vez admitidos o pago será efectuado os días 22 e 23 de agosto, no número de conta que figurará na lista de admitidos
A entrada para os menores de 4 anos é de balde; nenos/as de 5 a 11 anos e maiores de 65 anos pagarán 14 €, o prezo para o resto de poboación, de 12 e 64 anos é de 23 €.
Disporase de prazas ata ocupar un autobús compreto, e serán por rigorosa orde de entrada polo rexistro.
Esta viaxe non inclúe almorzo, pódese levar da casa ou adquirilo nos espazos dispoñibles no interior do parque acuático.
Deberán ir provistos do DNI todos/as os/as participantes.
Dende a dirección do parque acuático avísase que non se pode acceder ó parque con bebidas en botes de vidro, coitelos e cubertos de metal, accesorios de praia (parasois, colchóns, balóns, cadeiras…). O parque conta con zoas de sombra e servizo de tumbonas e parasois por 3’90 €.
PROGRAMACIÓN:
09:30: Saída do Multiusos das Pozas de Petelos con dirección ao Parque Acuático de Amarante.
11:30: Chegada aproximada ó Parque Acuático.
19:00: Recollida do grupo para o regreso.
19:30: Viaxe de volta Amarante-Mos.
21:00: Chegada aproximada ao Concello.

