Os cantos de taberna chegan a Chapela da man de Airiños do Mar de Teis

adminON
Lectura mínima de 1

A programación cultural de Verán do Concello de Redondela achega este venres a Chapela a mellor música tradicional galega. Será con Airiños do Mar de Teis, que actuará na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas. A agrupación musical achega os cantos de taberna ao público de todas as idades. Interpretan música tradicional galega, pero o seu repertorio ofrece tamén música tradicional arxentina ou sambas, e tamén compoñen temas propios. Recoñecen que a súa principal influencia musical é Fuxan os Ventos, e contan con versións do mítico grupo con temas adaptados para a súa formación.
A proposta musical para o sábado día 10 é co grupo redondelán Only Cash, que actuará ás 22.00 horas na praza da Torre.
A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, confía en que “tanto a veciñanza como os visitantes disfruten destas actividades, unha programación con música de diferentes estilos e pensada para todo tipo de públicos”.
A programación do mes de agosto continúa con Supersonic o día 23 na Alameda de Chapela e a Rondalla de Redondela que pechará a programación de verán co seu tradicional concerto na praza da Torre o día 31.

Comparte este artigo