Trátase dun conxunto modular composto por torres, ponte, tobogán, columpios ou rede para trepar
O Concello de Nigrán ven de investir 10.160 € a través das baixas do Plan Concello 2018 2019 na ampliación dos elementos de xogo do parque infantil de Praia América. En concreto, instalouse un novo conxunto modular composto por torres con tellado, ponte, tobogán, rede e elementos para trepar, escaleira e un coumpio para nenos e outro para bebés. “Trátase dun dos parques infantís con maior uso do municipio, polo que consideramos convinte amplialo con máis elementos de xogo, xa que había espazo suficiente”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que nos últimos anos foron renovados todos os parques infantís da localidade e incluso se crearon outros (caso do Torreiro de Camos, Vilariño ou Grela en Nigrán). O rexedor avanza que seguirá apostando por “crear e mellorar novos espazos de esparexemento” para a infancia pero tamén para maiores cos parques biosaudables e para deportista con elementos axeitados para o adestramento ao aire libre.