Home Deputacións Deputación Lugo A Deputación continúa coa mellora da estrada de Momán ás Pontes cun...

A Deputación continúa coa mellora da estrada de Momán ás Pontes cun novo investimento de 251.000€

- Anuncio -


O Presidente informa da adxudicación das obras de ensanche, pavimentación e sinalización dun novo tramo da vía -entre os quilómetros 7 e 8,3-, co que tan só quedará pouco máis dun quilómetro para completar o seu acondicionamento tota

A institución provincial redactará neste ano 2021 o proxecto para acometer a última fase de mellora da estrada, á que leva destinado ata o momento máis de 1M€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e máximo responsable da área de Xestión Territorial, continúa adiante co seu compromiso de mellorar a totalidade da estrada provincial LU-P-2204, que une o núcleo de Momán, en Xermade, coas Pontes de García Rodríguez, coa adxudicación de obras nun novo tramo por un importe de 251.000€.

Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, afectan ao treito que discorre entre os puntos quilométricos 7 e 8,3. Tendo en conta que a vía ten unha lonxitude de 9,8 quilómetros, unha vez executados estes traballos, tan só restará pouco máis dun quilómetro para completar o acondicionamento total da vía. O Presidente confirmou que o proxecto para acometer este último tramo será redactado neste ano 2021.

A Deputación destinou 800.000€ á mellora dos 7 primeiros quilómetros, aos que agora se suman 251.000 para acondicionar 1,3 quilómetros máis, co cal o investimento da institución provincial nesta estrada ascende ata o momento a 1M€.

As obras contratadas pola Deputación consistirán na mellora do pavimento con aglomerado en quente, incremento da seguridade cunha nova sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas e reinstalación da sinalización vertical e os sistemas de contención que se vexan afectados polo ensanche da vía.

O Presidente provincial recalcou a importancia desta estrada, “pois vertebra o concello de Xermade e toda esta parte da provincia, dando servizo aos veciños e veciñas de Momán e comunicando coas Pontes. Ademais, este é o camiño máis curto para os desprazamentos dos veciños e veciñas a Santiago de Compostela e aos aeroportos”.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. “As comunicacións son fundamentais para favorecer a calidade de vida dos veciños e veciñas, e o equilibrio territorial da provincia, para fixar poboación e para manter vivo o rural”, subliñou o Presidente.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en Ponteareas coa...

0
A actividade terá lugar este venres 22 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo A Deputación de Pontevedra leva este venres 22...

Luis López reafirma o apoio ao tecido empresarial da provincia nun encontro coa nova...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez; recibiu este xoves á nova presidenta do Círculo de Empresarios de...

A Deputación destina 100.000 euros ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable na...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez asinou o convenio de colaboración co museo vigués para a posta en marcha neste 2024 de exposicións como as de...

Publicacións Relacionadas