- Inviste máis de 48.000 euros na mellora do saneamento e a pavimentación en Casal
O Concello do Porriño sigue dotando de saneamento ao rural do municipio. O alcalde do Porriño visitaba nas últimas horas a actuación de reforma e mellora das infraestruturas básicas no lugar de Casal de Budiño. Os traballos, que contan cun orzamento total de 48.099,99 euros (IVE incluído), permitirán renovar as redes de saneamento e augas pluviais, ademais de reasfaltar o viario público.
A obra inclúe a instalación de uns 200 metros de nova rede de saneamento e executaranse 8 acometidas domiciliarias xunto con 6 pozos de rexistro, garantindo así que máis vivendas do rural poidan conectarse á rede xeral de recollida de augas residuais.
A maiores, os traballos incluirán a renoviación do sistema de recollida de augas pluviais —coa substitución de 44 metros de antiga canalización de hormigón e a colocación de 12 novos sumidoiros— e o posterior acondicionamento e reasfaltado de máis de 1.000 metros cadrados de superficie.
Lorenzo visitou estes traballos xunto aos concelleiros Ramón Porto e Carlos González, onde recalcou “ o compromiso deste goberno municipal co saneamento integral non só desta, senón de todas as parroquias do Porriño”
Esta nova intervención súmase aos traballos que xa se desenvolveron durante o verán nesta mesma parroquia de San Salvador de Budiño, concretamente no núcleo de Trapa. Nesa zona acometeuse a instalación de 640 metros de tubaxe para conectar vinte vivendas á rede xeral, xunto coa optimización das augas pluviais, a reposición do abastecemento, a renovación do alumbrado público con tecnoloxía LED e o reasfaltado completo do vial. Aquela actuación contou cun orzamento base de licitación de 220.430,31 euros, subvencionados a través da Liña 1 do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
Tamén en Sobral Eiriz a inversió ascendeu a máis de 300.000 euros con 1.142 metros de colectores de PVC de 250 e 300 mm de diámetro, cunha superficie de repavimentación de 5.450 metros cadrados eunha mellora integral dos camiños municipais afectados.

