HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño ven de rematar os trámites e...

O concello de Salvaterra de Miño ven de rematar os trámites e formalizar as escrituras de compra para os terreos onde se ubicará a depuradora do Mendo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño, dentro do seu programa para incrementar a rede de saneamento municipal, ven de rematar o procedemento de compra, coa escrituración de 14 fincas (máis de 4.000m2) onde se ubicará a futura depuradora do Mendo e que dará saída a rede de saneamento das parroquias de Fiolledo, Meder, Leirado e Soutolobre, que teñen as liñas xerais instaladas e na cal verterá tamén a parroquia de Oleiros.

Unha inversión de máis de 23.0000€ para adquirir os terreos necesarios cara a construción dunha infraestrutura prioritaria para o Equipo de Goberno como é a Depuradora do Mendo, unha obra valorada en 1.869.308,84€.

Publicacións Relacionadas