HomePontevedraA ParadantaLuisa Piñeiro anuncia que a Xunta concede 192.000€ en subvencións a seis...

Luisa Piñeiro anuncia que a Xunta concede 192.000€ en subvencións a seis asociacións e dez comercios do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta para impulsar o sector

- Anuncio -spot_img

A delegada territorial de Pontevedra e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitan a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, que recibe unha axuda de 25.523€ para dinamización comercial, campañas de fidelización e funcionamento

O sur da provincia tamén contou con achegas do Goberno galego para o CCA da Guarda, Adeto e o Mercado Municipal de Tomiño e a Asociación Local de Comerciantes e a Praza de Abastos de Ponteareas
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, anunciou hoxe que o Goberno galego vén de conceder, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, 192.414€ a seis asociacións e dez comercios das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta para impulsar investimentos por 289.375€ no marco de senllas liñas habilitadas para apoiar ao sector a través dos colectivos e da orde de impulso á innovación, a dixitalización e as novas formas de comercialización dos establecementos.
En concreto, o executivo galego concedeu 124.091€ en subvencións ás entidades Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui), Centro Comercial Aberto da Guarda, Adeto Tomiño, Mercado Municipal de Tomiño, Asociación Local de Comerciantes de Ponteareas e Praza de Abastos de Ponteareas para o desenvolvemento de diversos proxectos que mobilizarán 169.514€ para a promoción deste ramo.
Paralelamente, tamén se outorgaron 68.323€ en axudas a dez establecementos comerciais destas bisbarras para a execución de iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercialización que contribuirán á modernización dos seus negocios cun investimento
global de 119.861€. Entre os beneficiarios figuran catro establecementos de Tui, dous da
Guarda e un de Tomiño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Crecente.
Por este motivo, Luisa Piñeiro desprazouse, xunto ao director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, ata a vila tudense para manter un encontro co presidente de Acitui, Juan Carlos Blanco Lorenzo, e outros representantes do colectivo, xa que é unha das entidades beneficiarias dos apoios da Xunta ao recibir unha das máximas achegas, 25.523€,
para impulsar ao sector no municipio cun investimento de 34.030€. Esta contía orientarase a gastos de funcionamento –incluíndo medidas de protección fronte á covid-19-, accións de dinamización comercial, como un vehículo de reparto, e campañas de fidelización como as
do Venres Negro, o Nadal, o Día dos Namorados, os desfiles solidarios ou a feira de oportunidades.

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Daniel Fernández Maïssa
Xefe de prensa. Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra
María Victoria Moreno, nº43 – 36071 Pontevedra
Tel.: 986 805637 // 672 309 122 – Fax: 986 805299
Correo-e: daniel.fernandez.maissa@xunta.gal
Os representantes autonómicos, que visitaron a sede da asociación no centro da localidade,
interesáronse polos proxectos impulsados e amosaron a súa confianza en que “sirvan, co
apoio do Goberno galego, para manter unha boa actividade comercial malia os difíciles
momentos actuais pola crise da covid-19 e para colaborar cunha entidade que está a piques
de cumprir o seu 25 aniversario e que rebasa o cento de asociados, que teñen a súa propia
historia cada un e aos que lles queremos amosar toda a nosa proximidade e colaboración”.
“Estamos a apoiar decididamente ao comercio, porque cremos que é un sector estratéxico e
fundamental tanto para Tui como para os demais municipios das bisbarras do sur de Galicia.
E por iso sostemos e reafirmamos o noso compromiso con eles, xa que xeran moito
emprego e riqueza, son os que dan vida ás nosas vilas e ademais, no caso do Baixo Miño, O
Condado e A Paradanta, demostran unha gran valentía e emprendemento, xa que coas
axudas recibidas pretenden impulsar investimentos por preto de 300.000€”, detallou a
delegada territorial.

Publicacións Relacionadas