O concello de Nigrán convoca o xoves unha xornada de limpeza de pellets na Madorra tras retirar esta mañá centos da praia de Patos

adminON
Lectura mínima de 4

Preto de 150 persoas acudiron a Patos esta mañá para participar na primeira limpeza organizada por Concello, Escolas de Surf e Club Marítimo de Panxón. A nova cita será o xoves 11 de Xaneiro ás 16:00 horas na praia da Madorra

“Non se aprecian a simple vista pero buscando con paciencia aparecen pellets e, sen ningún esforzo, atópanse microplásticos que estamos aproveitando para retirar tamén”, sinala o alcalde, Juan González

Preto de 150 persoas acudiron esta mañá a Patos para participar na chamada do Concello de Nigrán, Asociación de Escolas de Surf de Patos e Club Marítimo de Panxón para retirar pellets procedentes do mercante Toconao. A eles uníuse a Brigada Medioambiental do Concello, outra do servizo de limpeza PreZero, o alcalde, Juan González, e concelleiras. Entre todos e durante 3 horas (de 10:00 a 13:00 horas) peitearon o areal retirando centos de boliñas non apreciables a simple vista e moi dispersas, polo que o traballo foi inxente. A seguinte cita, cos mesmos convocantes, será este xoves 11 de Xaneiro ás 16:00 horas na Praia da Madorra, onde hoxe apenas se tocou ao demorarse máis tempo do previsto o labor en Patos.

“Non se aprecian a simple vista como noutras praias de Galicia pero buscando con paciencia aparecen pellets e, sen ningún esforzo, atópanse microplásticos que estamos aproveitando para retirar tamén; esta é unha oportunidade para liberar aos areais non só de pellets, se non de todo tipo de partículas plásticas, este é un problema gravísimo a nivel mundial que desgraciadamente xa estaba aí antes das boliñas e que agora o único que podemos facer para que non se agrave é poñernos entre todos mans á obra para ‘liberar’ a area de plásticos”, sinalou o alcalde, Juan González, ante os centos de voluntarios pertrechados con cubos, basoiras, peneiras, e a quenes agradeceu a súa participación nunha xornada especialmente fría e húmida.

As consignas básicas para toda aquela persoa que se achegue aos areais a colaborar na limpeza é: non escavar na area, só limpar a capa superficial; protexer as mans con luvas non extraer elementos naturais da praia; manter a distancia coas aves que se alimentan na liña de marea para non estresalas; mellor concentrarse en lugares concretos que dispersarse (nesta primeira experiencia en Patos os voluntarios peitearon a praia distribuídos en grandes fileiras).

“A nosa mensaxe á Xunta é que en Nigrán non nos ímos cruzar de brazos agardando a que chegue axuda por outros medios ou que aparezan máis pellets”, advirte o alcalde, Juan González. “O traballo é ímprobo e desalentador porque custa moito recollelos e identificalos, pero é o que toca facer agora mismo se non queremos que se multiplique por dous o problema dos microplásticos”, insiste González, quen avanza que desde o Concello se irá informado á cidadanía da situación no municipio e de máis convocatorias conforme evolucione.

Comparte este artigo