O Concello de Arbo organiza a presentación oficial da novela Pacto de silencio (Editorial Xerais), o debut literario da escritora natural de Arbo Ana Viéitez. A cita cultural celebrarase o vindeiro venres 4 de decembro, ás 17:00 horas, na Biblioteca Segundo Gil Dávila, e contará coa participación da propia autora, ofrecendo ao público unha oportunidade única para coñecela de preto, afondar nas claves da súa obra e compartir un encontro arredor da literatura. Envio nota e cartel para a súa publicación. Grazas pola colaboración.

