HomePontevedraO Premio Cidade de Pontevedra apura os últimos días para presentar candidaturas

O Premio Cidade de Pontevedra apura os últimos días para presentar candidaturas

- Anuncio -spot_img

O prazo remata o vindeiro martes, 5 de xaneiro.
A convocatoria do Premio Cidade de Pontevedra 2020 apura os últimos días para a
presentación de convocatorias. Até o vindeiro martes, 5 de xaneiro, as persoas,
asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas
propostas no Rexistro do Concello. As propostas deberán levar unha memoria
xustificativa que explique os méritos da persoa ou entidade escollida.
O Cidade de Pontevedra ten dúas modalidades: persoa física e persoa xurídica. O
xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano e a
proxección de Pontevedra e os pontevedreses/as derivada delo.
BASES DO PREMIO “CIDADE DE PONTEVEDRA”
Julio Dapena Outomuro, Secretario Xeral do Concello de Pontevedra.
Certifico: que o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día
vintecinco de novembro do ano dous mil, adoptou o seguinte acordo:

  1. PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA: MODIFICACIÓN DAS BASES
    REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA .
    Dáse conta do dictame, favorable por unanimidade, da Comisión Informativa
    Permanente de Política Social e Promoción do Benestar, sobre a modificación das
    bases reguladoras da concesión dos Premios Cidade de Pontevedra.
    Rematado o debate, o Pleno da Corporación, por unanimidade e de conformidade co
    dictame da Comisión Informativa Permanente de Política Social e Promoción do
    Benestar, acorda aprobar a modificación das devanditas bases, sendo o texto íntegro
    das bases modificadas o seguinte:
    Preámbulo:
    Gabinete de Comunicación. Alcaldia
    comunicacion2@pontevedra.gal
    www.pontevedra.gal
    Os Premios Cidade de Pontevedra teñen como finalidade galardoar o relevante labor
    desenvolto na modalidade individual por unha persoa física e, na modalidade
    colectiva, por persoas xurídicas (asociacións, entidades ou colectivos de caracter
    cultural, social xuvenil, empresarial, etc..). O xurado terá en conta e valorará
    especialmente o labor desenvolto no ano que corresponda.
    Dos galardoados:
    Concederanse os seguintes premios:
    A unha persoa física vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Pontevedra e os seus
    habitantes.
    A unha persoa xurídica, asociación, entidade ou colectivo que teña desenvolto un
    labor de especial proxección cara Pontevedra e os seus habitantes.
    Para cada unha das modalidades comprendidas nos apartados A) e B), outorgarase
    un único premio, que consistirá nun Teucro de prata e un diploma.
    Da proposta de candidatos:
    O Concello de Pontevedra fará pública unha convocatoria para a presentación de
    propostas nas que se sinalará o prazo, dándoselle a oportuna publicidade para o
    coñecemento de tódolos cidadáns.
    Dito prazo de presentación de candidaturas comezará o día 5 de decembro do ano
    en curso, e rematará o día 5 de xaneiro do ano seguinte.
    Os candidatos, a ámbalas dúas modalidades, poderán ser propostos por calquera
    asociación, institución, entidade ou colectivo do municipio de Pontevedra; sen que
    poida ningunha delas propoñerse a ela mesma. Ditas propostas serán presentadas
    no Rexistro do Concello. Nelas sinalaranse tódolos datos posibles do candidato ou
    candidatos propostos. Deberase adxuntar, asimesmo, unha memoria xustificativa
    que saliente a traxectoria persoal e profesional de cada un dos candidatos propostos.
    As persoas físicas ou xurídicas propostas deberán sempre ter coñecemento da súa
    candidatura.
    Do xurado:
    3.1. Do Presidente do xurado: a presidencia a ocupará o Ilmo. Sr. Alcalde, co seu
    voto de calidade, quen a poderá delegar no Presidente da Comisión Municipal
    Gabinete de Comunicación. Alcaldia
    comunicacion2@pontevedra.gal
    www.pontevedra.gal
    Informativa da área correspondente. Actuará como secretario o titular da
    corporación ou o funcionario en quen este delegue.
    3.2. Dos Vocais: o xurado estará composto polos membros da Comisión
    Informativa da área correspondente, incluído o presidente da mesma.
    Representarán, de xeito proporcional, aos distintos grupos municipais; asimesmo,
    formarán parte do xurado cualificador dos Premios Cidade de Pontevedra, un
    representante elixido entre as asociacións veciñais, outro entre as culturais e un
    terceiro entre os medios de información con representatividade no municipio. Ditos
    representantes poderán selo por un só período, aínda que poderán ser ratificados
    ou reelixidos.
    Da elección dos candidatos:
    Unha vez rematado o prazo de presentación de propostas, o xurado fixará a primeira
    das súas reunións, ao longo da semana seguinte á da finalización do prazo de
    presentación de candidaturas, co fin de analizar as propostas existentes.
    Procederase ao estudo, polo miúdo, da biografía e do currículo de cada un dos
    candidatos propostos.
    Tódolos membros do xurado tratarán de consensuar, de maneira unánime o
    outorgamento dos premios; de non ser así, deberá chegarse á obtención dunha
    maioría cualificada de dous tercios.
    Se o xurado, na primeira reunión, non chegase a unanimidade ou a unha maioría
    cualificada de dous tercios, poderán propor outros candidatos nunha segunda
    sesión, sempre que sexa por unanimidade, tanto a proposta como a elección.
    Asimesmo, poderase deixar deserto o premio.
    Unha vez realizada a votación, e elexidos os premiados, o xurado gardará segredo
    sobre as deliberacións da sesión.
    Da entrega de premios:
    Unha vez que o xurado acorde os premios, a corporación municipal, en sesión
    plenaria, prestará aprobación aos mesmos; esta decisión será inapelable.
    A corporación comunicaralles aos galardoados a concesión dos premios.
    Gabinete de Comunicación. Alcaldia
    comunicacion2@pontevedra.gal
    www.pontevedra.gal
    Os premios serán entregados na sesión extraordinaria de honras que, para tal
    efecto, ten lugar tradicionalmente o día 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián.
    Disposición Final:
    En todo aquilo que non se prevexa nas presentes bases, facúltase ao xurado
    cualificador para a súa interpretación e resolución.
    O feito de presentar propostas aos Premios Cidade de Pontevedra supón a total
    aceptación das presentes bases.
    E para que conste, coa salvidade á que se refire o artigo 206 do Regulamento de
    Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, expido a
    presente certificación de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Pontevedra a
    trinta de novembro do ano dous mil.

Publicacións Relacionadas