Luis Menor pon en valor a aposta da empresa Obramat por Ourense “ofrecendo oportunidades no territorio para reter a profesionais e captar talento”

Redacción
Lectura mínima de 2
INAUGURACIÓN OBRAMAT O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración da empresa Obramat. Na rúa 2,1 do Polígono Empresarial de San Cibrao das Viñas. Tamén participan Marta Novoa Iglesias (Alcaldesa de San Cibrao, Antonio Bullido (DIrector Xeral de Obramat), Jose Manuel Bada (Director Rexional de Obramat), Alejandro Rey (Xefe de Almacén de Ourense), Maria José Riveiro (Obramat), Gabriel Alen Castro (Director Xeral de comercio da xunta), Manuel Pardo Cid (Delegado da Xunta en Ourense), entre outras autoriades e traballadores de Obramat.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración do novo almacén da compañía Obramat, unha empresa de referencia na distribución de materiais para construción e reforma que chega a Ourense cunhas amplas instalacións no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

A aposta desta compañía pola área industrial máis importante de Ourense, e tamén una das máis significadas de Galicia, é “un síntoma claro de que esta provincia está viva, de que somos un territorio atractivo para o investimento e de que sabemos ofrecer as condicións necesarias para que as grandes firmas poñan os seus ollos en nós”, dixo Menor.

Agradeceu aos directivos de Obramat a súa aposta por Ourense, “creando emprego local, ofrecendo oportunidades no territorio para reter a profesionais e captando talento grazas á vosa liña de formación”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense, que tamén subliñou como valor a atención aos provedores locais.

Trátase do terceiro almacén que abre Obramat en Galicia contribuíndo a dinamizar “o sector servizos e reforzar a competitividade dos nosos profesionais e autónomos, que terán aquí un importante aliado no seu día a día”, sinalou o presidente provincial.

Luis Menor comprometeuse a seguir traballando desde a Deputación para “ofrecer as condicións idóneas” para atraer novos investimentos e posibilidades de negocio para “garantir o futuro e o progreso da nosa provincia”.

Ademais, aproveitou a ocasión para reivindicar infraestruturas industriais na provincia que contribúan tamén a fortalecer o tecido produtivo ourensán, tales como a ampliación do polígono de San Cibrao; a estación de mercadorías por ferrocarril, a ampliación do parque empresarial do Pereiro ou a posta en marcha da área de Paderne de Allariz.

Comparte este artigo