A Deputación comeza as obras para mellorar tres estradas en Meira con máis de 220.000€

Redacción
Lectura mínima de 2

– Os traballos afectan a tres das seis estradas provinciais ao seu paso polo concello meirego: a LU-P-3003 e a LU-P-3005, que se rehabilitarán completamente e a LU-P-4806, que se acondicionará en todo o trazado ao longo do termo municipal

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas provinciais ao seu paso polo concello de Meira. Son en concreto: a LU-P-3003, que conecta a vila de Meira coa N-640 por Leiras, unha vía que se renovará na súa totalidade; a LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota, que tamén se acondicionará completa; e a LU-P-4806, que conecta Vilaxe por Galegos e Ribeira de Piquín, que se rehabilitará en todo o trazado ao longo do municipio, desde o punto quilométrico 14,6 ao 20,3.

Os traballos afectan a tres das seis estradas provinciais ao seu paso por Meira e contan cun investimento da institución provincial de 221.397,2 Nestes días comezaron as actuacións coa reapertura de cunetas e a actuación inclúe tamén a reparación de desperfectos no firme, repavimentación e sinalización vertical. A empresa encargada dos traballos, Construcciones Carballeira SL, dispón dun prazo de mes e medio para  a súa finalización.

Son tres vías que desenvolven un papel esencial na mobilidade do propio concello como no conxunto da comarca, porque vertebran o territorio na contorna conectando parroquias e núcleos dispersos de poboación e facilitan o acceso a servizos básicos. Ademais, as tres son fundamentais para a comunicación entre explotacións agrícolas e gandeiras. Polo que os traballos da Deputación virán mellorar as condicións de seguridade e comodidade de ducias de veciños e veciñas.

Comparte este artigo