O Concello de Ourense abrirá mañá, martes 27 de outubro, o prazo de presentación de ofertas para que as empresas interesadas poidan participar na adxudicación das concesións para a explotación das casetas do Mercado do Nadal 2026.
O espazo de venda instalarase no Parque de San Lázaro co obxectivo de dinamizar a actividade comercial, artesanal e turística da cidade durante a campaña festiva. Contará con 20 casetas de madeira con estrutura de ferro galvanizado, que permanecerán abertas desde o 4 de decembro de 2026 ata o 6 de xaneiro de 2027.
As autorizacións adxudicaranse en réxime de concorrencia competitiva e dividiranse en dúas categorías:
- Artesanía, produción creativa, produtos e decoración do Nadal: 13 unidades.
- Alimentación do Nadal: 7 unidades.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ata o 5 de novembro ás 14.00 horas. As bases reguladoras completas están dispoñibles para a súa consulta na sede electrónica e na páxina web do Concello.

