Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo-Zorelle coñecen o funcionamento da Deputación

Redacción
Lectura mínima de 2
RECEPCIÓN ALUMNADO DOS COLEXIOS JOSEFINAS E PADRE FEIJÓO - ZORELLE A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, recibe a un grupo de alumnos e alumnas dos colexios Josefinas e Padre Feijóo-Zorelle. Acto aberto a medios. No salón de plenos da Deputación

A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento de alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO dos colexios San José-Josefinas e Padre Feijóo-Zorelle, e dunha delegación de alumnado de Groenlandia que están a visitar o Zorelle a través do programa Erasmus+ que coñeceron na visita sistemas de goberno que non existen no seu país.

O obxectivo desta visita é que o alumnado coñeza as institucións e a súa importancia para saber o labor que realizan en Ourense, como exemplo de xestión democrática, un dos piares deste programa.

Neste sentido, cabe destacar que o colexio Padre Feijóo-Zorelle é escola mentora de Josefinas no Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo e anualmente realizan, por elo, unha actividade conxunta que consiste nunha visita á Deputación para achegar os valores europeos e o funcionamento do sistema político. Un dos obxectivos principais é “reforzar os valores democráticos entre a mocidade”, sinalou a xefa de estudos do colexio Padre Feijóo-Zorelle.

O alumnado de ambos centros tivo a oportunidade de coñecer mellor o funcionamento desta institución da man da vicepresidenta primeira do goberno provincial, quen agradeceu esta visita á “casa de todos os ourensáns para compartir con eles o traballo diario que realizamos aquí en beneficio da veciñanza da nosa provincia”.

Neste sentido, Marta Nóvoa felicitounos por esta “excelente iniciativa” e trasladoulles a importancia de coñecer o sistema político e administrativo do país, desde os concellos ata o Parlamento Europeo, pola súa incidencia na vida diaria das persoas.

Comparte este artigo