Pepa Pardo esixe ao Goberno que “respete a indepedencia do Poder Xudicial e que non se sinalen a xuíces e tribunais ”

Redacción
Lectura mínima de 2
  • Pepa Pardo acusa ao PSOE de ser “un dos maiores perigos para a nosa democracia, porque teñen un poder xudicial ameazado, un poder lexislativo secuestrado e un poder executivo desbocado”

O Grupo Parlamentario Popular no Senado sacará adiante unha moción pola que esixe ao Gobierno que “respete a independencia do Poder Xudicial e a autonomía do Ministerio Fiscal, que non se sinale a xuíces e tribunais e que se respecten as funcións constitucionais das Cortes Xerais”.

A portavoz de Xustiza do GPP, Pepa Pardo, acusa ao PSOE de ser “un dos maiores perigos para a nosa democracia, porque teñen un poder xudicial ameazado, un poder lexislativo secuestrado e un poder executivo desbocado.

Denuncia que os socialistas “están podridos de corrupción e afanados en dar un golpe contra a democracia e o Estado de dereito para tratar de tapalo”. Alerta que o Goberno está a dirixir “a maior campaña do linchamento contra os xuíces”, atrincheirados na Moncloa sen orzamentos, sen maioría parlamentaria, asediados pola corrupción e axeonllados ante os inimigos de España.

A senadora pontevedresa asegura que os sanchistas, “canto máis acorralados están, máis brutais son os seus ataques á independencia xudicial” e avisa de que “as súas actuacións se dirixen a dinamitar a nosa democracia para liquidar a alternancia política e dotarse de impunidade”.

Pregunta se desde o Goberno “van premiar á muller do ex fiscal xeral nomeándoa tenente fiscal de Galicia. De quen depende a Fiscalía? Pois iso pretenden liquidar todos os contrapesos e o seu senón é a polarización”. “Acúsolles a vostedes de cómplices de dinamitar os piares do noso Estado de dereito, de levantar muros entre  españois e de tratar de dirixirnos cara a un totalitarismo”, termina Pardo.

Comparte este artigo