Baixo o título xenérico “O mellor do entroido, a túa imaxinación” os veciños deste municipio poderán participar na modalide de fotografía e vídeochamada a través dun desfile telemático que terá lugar o sábado 27 a partir das 18 horas
O Concello de Campo Lameiro, a través da súa Concellería de Cultura e Festas e a Concellería de Comercio, convoca o concurso de fotografía e desfile de Entroido 2021, co obxecto de incentivar a participación cidadá con motivo desta celebración tradicional marcada pola pandemia da Covid-19.
Para participar neste concurso e desfile virtual o Concello de Campo Lameiro establece dúas modalidades segundo formato: Fotografía e a través vídeochamada online para un desfile virtual dotados en total con premios consistentes en vales canxeables no comercio local e que acadan en total unha suma de 950 euros.
As categorías para participar serán:
Categoría Infantil: ata os 12 anos.
Categoría Adultos: dende os 13 anos.
Categoría Familiar: parellas e grupos convivintes (dúas ou máis persoas).
MODALIDADE DE FOTOGRAFÍA
Consiste en dúas modalidades:
· FOTOGRAFÍA ACTUAL: Consiste na presentación de fotografías coa temática do Entroido, que deberán reunir as seguintes especificacións:
- A fotografía deberá ter como denominación o título da proposta do disfrace, nome co que concursará.
- A fotografía deberá adxuntarse como arquivo en formato JPG ou PNG (non se acepta formado PDF).
- Os grupos ou parellas da categoría familiar, deben ser convivintes.
· FOTOGRAFÍA ANTIGA: Consiste na presentación de fotografías dos desfiles do Entroido de Campo Lameiro de anos anteriores.
- Só se poderá presentar unha fotografía por persoa, e na mesma non deberán saír terceiros, polo que quedarán fóra do concurso as fotografías que non pertenzan á persoa participante ou ó seu entorno familiar.
- Deberase especificar xunto co envío da fotografía a data da mesma e un nome co que participará no concurso.
MODALIDADE DE DESFILE
· Aquelas persoas que o desexen poderán participar no desfile online que se levará a cabo o 27 de Febreiro ás 18:00 horas a través da plataforma ZOOM, onde poderán mostrar a súa imaxinación e o seu bo humor.
- Será necesario enviar correo electrónico previo para acceder á vídeo chamada do desfile.
- Os grupos ou parellas da categoría familiar teñen que ser convivintes.
- Cada un pode poñer a súa música se o desexa.
· Os espectadores que desexen ver o desfile non estarán na vídeo chamada. Ésta, será retransmitida en directo polo Facebook do Concello de Campo Lameiro e alí poderán vela en tempo real e comentala no chat.
Para ambas modalidades terase en conta:
· Unha mesma persoa poderá participar en dúas modalidades ( fotografía e desfile ) e en distintas categorías ( infantil e familiar ou adulto e familiar ) sempre que non se utilice o mesmo disfrace.
· Deben cumprir en ambas modalidades a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto será descualificado automaticamente.
CRITERIOS DE VALORACIÓN:
Os criterios de valoración son:
· Creatividade: de 0 a 5 puntos.
· Orixinalidade: de 0 a 5 puntos.
· Posta en escena: de 0 a 5 puntos.
· Confección do disfraces: de 0 a 5 puntos. (Terase en conta a utilización de materiais reciclados, facilmente constatables.
· Humor: de 0 a 5 puntos.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
· FOTOGRAFÍAS: : Envíanos un correo electrónico cunha fotografía do teu disfraz ou de entroidos de Campo Lameiro de anos anteriores antes do 25 de Febreiro as 14:00 horas ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto CONCURSO ENTROIDO 2021.
- A fotografía deberá estar en formato JPG ou PNG.
- No corpo do correo deberase indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante xunto co título do disfrace ou nome da foto.
No caso de participar na categoría familiar, deberanse indicar os datos de todos os participantes.
No caso de concursar un menor de 14 anos, deberánse enviar os datos do pai/nai/titor legal.
- Deberase especificar a modalidade na que desexa participar.
- Se se trata dunha fotografía de anos anteriores, deberase incluír tamén no correo a data da mesma e os datos das persoas que aparecen na foto.
· DESFILE: Envíanos un correo electrónico antes do 23 de Febreiro as 14:00 horas a info@campolameiro.com co asunto DESFILE ENTROIDO 2021.
- No corpo do correo deberase indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante xunto co título da actuación para o desfile.
No caso de participar na categoría familiar, deberanse indicar os datos de todos os participantes.
No caso de participar un menor de 14 anos, deberán enviarse os datos do pai/nai/titor legal.
- Deberase especificar a modalidade na que desexa participar.
- Unha vez recibido o correo electrónico, e nos días previos ó desfile, enviaráselle ós participantes un correo electrónico co enlace á vídeo chamada e diversas indicacións sobre o desenvolvemento da mesma. Nel incluirase tamén un número de participación e o orde dos participantes no desfile.
· Nos días previos ó desfile, publicaranse na páxina web do Concello e no Facebook a listaxe coa orde do desfile.
· Os espectadores non estarán na vídeo chamada. Ésta retransmitirase en directo polo Facebook do Concello e aí poderán vela en tempo real e comentala no chat.
O Concello emitirá os bonos de compra ás persoas premiadas e poderán canxealo ata o 30 de novembro do presente ano. As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar unha fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre que os premios sexan superiores a 50€, e sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.
NOTIFICACION AOS PREMIADOS E PARTICIPANTES
Para os efectos da práctica da notificación do resultado da valoración ós premiados, participantes e demais interesados, realizarase mediante publicación dos premiados ó rematar o desfile no Facebook do Concello así como na web municipal do Concello.