Home Pontevedra O Servizo Galego de Saúde detectou un positivo por Covid 19 nos...

O Servizo Galego de Saúde detectou un positivo por Covid 19 nos test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no concello de Vilaboa

- Anuncio -

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocou á poboación dentre 40 a 79 anos de idade coa súa tarxeta sanitaria activa asignada no centro de saúde de O Toural, colectivo que nesta localidade acada as 2.722 persoas
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.854 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 68,1 por cento da convocatoria voluntaria

O Servizo Galego de Saúde detectou un positivo por COVID-19 nos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados durante as tardes dos pasados luns 15, martes 16 e mércores 17 de febreiro de 2021 no Centro de Atención Primaria de O Toural do Concello de Vilaboa.

Cómpre lembrar que á dita iniciativa preventiva o Servizo Galego de Saúde convocara en pasadas datas, de xeito gradual e vía SMS telefónico, á poboación vilaboense dentre 40 a 79 anos de idade coa súa tarxeta sanitaria activa con asignación no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 2.722 persoas.

68,1 por cento da convocatoria voluntaria
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.854 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 68,1 por cento da convocatoria voluntaria.

Para levar a cabo este cribado, A Administración Sanitaria Pública galega contou no centro de saúde de O Toural con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das mostras nasofarínxeas e información aos usuarios do Concello de Vilaboa.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas