Míriam Louzao promociona o Rosalía de Castro nas Xornadas de conectividade aérea TURESPAÑA-AENA

Redacción
Lectura mínima de 3

Turismo de Santiago acude a esta xornada dende a súa primeira edición, deseñada específicamente para os destinos turísticos.

Míriam Louzao promociona o Rosalía de Castro nas Xornadas de conectividade aérea TURESPAÑA-AENA

A Concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participan estes días 28 e 29 de abril na V Xornadas de conectividade aérea, organizada conxuntamente por Turespaña e Aena, que neste ano ten lugar en Reus. O evento diríxese exclusivamente aos destinos turísticos do conxunto do Estado, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional e coordinar as mensaxes fundamentais de forma unificada e eficaz.

Míriam Louzao e Flavia Ramil mantiveron reunións con diferentes compañías aéreas coa intención de intensificar a relación con elas e estudar novas posibilidades, tanto con aquelas que xa operan no Rosalía de Castro, como outras que poderían operar, co obxectivo de mellorar a conectividade no aeroporto de cara ao Ano Santo.

Ademais destas reunións presenciais con compañías, na xornada a concelleira de Turismo tamén aistiu a presentacións e mesas redondas de debate que permiten coñecer directamente a opinión de profesionais do sector sobre o estado actual do mercado aeronaútico e as previsións a curto e medio prazo.

Por exemplo, o evento inclúe, entre outras, dúas mesas redondas de gran interese: “Beneficios de contar con aeropuertos complementarios nun destino. Caso Cataluña” e “Fórmulas e ferramentas ao servizo da relación entre destinos e aeroliñas para o desenvolvemento da conectividade aérea.”

Coa participación nesta xornada, Turismo de Santiago continúa coa súa estratexia de promoción do aeroporto de Santiago como porta de entrada do turismo na cidade, sumándose aos máis de 800 correos electrónicos que se intercambiaron con múltiples compañías desde setembro de 2025.

Cabe destacar que a finais de maio, tras a reapertura do aeroporto pechado por mor das obras, o Rosalía de Castro contará coa súa maior oferta internacional até o momento, con 17 rutas internacionais, entre as que destacan as novas rutas a nova ruta a Nova Iorque, con United Airlines; a ruta a Amsterdam, con KLM; a Cork, con Vueling; e a Marrakech, con Vueling.

Comparte este artigo