A Deputación de Ourense abre unha nova liña de colaboración coa Asociación de Tecores Galegos

Redacción
Reunión Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación Ourense) con Manuel Martínez Casal e José Antonio Fernández Pérez (Secretario e asesor técnico de ATEGAL - Asociación de TECORES de Galicia).

O presidente da institución provincial, Luis Menor, mantivo hoxe un encontro de traballo con membros da directiva da Asociación de Tecores Galegos (ATEGAL) para analizar posibles acordos de cooperación “a prol dun beneficio social para nosa provincia”

Pola súa parte, o secretario de ATEGAL, Manolo Portas agradeceu o compromiso da Deputación de Ourense e puxo en valor a importancia da colaboración institucional para garantir “o bo facer” das sociedades de caza da provincia e para poder afrontar desafíos actuais como os do xabaril

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo no Pazo Provincial con membros da Asociación de Tecores Galegos (ATEGAL) con quen se comprometeu a abrir unha nova liña de colaboración da institución provincial para colaborar cos gastos de funcionamento desta entidade a prol do “beneficio social que iso implica para a nosa provincia”, sinalou Luis Menor.

Os obxectivos desta entidade están intimamente vencellados á preservación da biodiversidade e á posta en marcha de actuacións que minimicen o impacto que ten a fauna salvaxe na vida diaria dos territorios galegos. Neste sentido, cabe destacar que no caso da provincia de Ourense rexistráronse máis de mil accidentes de tráfico durante o ano por esta razón, así como os numerosos danos que se producen na agricultura e gandaría polo xabaril ou o lobo.

Por outro lado, esta asociación que agrupa a cazadores e poñen en valor o territorio tamén teñen outra finalidade como é o “fomento do turismo deportivo cinexético que ten unha maior influencia e capacidade para mobilizar recursos”, explicou Luis Menor.

Por todo elo, desde a Deputación de Ourense, o presidente provincial comprometeuse a abrir esta nova liña de colaboración -xa existente nas outras deputacións galegas- cos tecores para contribuír “seus gastos de funcionamento e cos numerosos beneficios que ten a súa actividade na vida social ourensá”.

Pola súa parte, o secretario de ATEGAL, Manolo Portas agradeceu o compromiso da Deputación de Ourense e puxo en valor a importancia da colaboración institucional para garantir “o bo facer” das sociedades de caza da provincia e para poder afrontar desafíos actuais como os do xabaril.

Comparte este artigo