Luis Menor participa nas pistas de Monterrei na entrega de medallas dos campionatos de España de Atletismo Sub-16 e Inclusivo por seleccións autonómicas

Redacción
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-16 E INCLUSIVO POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS O presidente provincial, Luis Menor, participa na entrega de premios do Campionato de España de Atletismo Sub-16 e inclusivo por seleccións autonómicas Acompañado de Ivan Pablo San Martin Carreira (Presidente da Federación Galega de Atletismo). Nas pistas do Complexo de Monterrei (Pereiro de Aguiar).

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe á sesión de mañá dos campionatos de España de Atletismo Sub-16 e Inclusivo por seleccións autonómicas, que se disputa esta fin de semana no Complexo Deportivo de Monterrei, organizado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar, a Federación Galega de Atletismo e cinco federacións de deporte adaptado (persoas cegas, xordas, con discapacidade física e intelectual, e parálise cerebral e dano cerebral adquirido).

Luis Menor participou no acto de entrega de medallas correspondentes ás probas de 600 metros masculinos e femininos; lanzamento de xavelina masculino e peso na categoría feminina.

O presidente provincial destacou a importancia que estes dous campionatos teñen para o atletismo ourensán, xa que durante estes dous días déronse cita nas pistas de Monterrei preto de 700 atletas, entre eles ata sete campións de España. Este complexo deportivo, engadiu, “está a ter un espazo importante nas competicións, e vai camiño de consolidarse no calendario del atletismo nacional”.

Comparte este artigo