O banco, con sede en Galicia, e a entidade cameral afianzan o seu compromiso coa dinamización do tecido empresarial e o desenvolvemento económico na área da cámara compostela.
O acordo, rubricado está mañá en Compostela, tamén ofrece condicións melloradas na contratación de produtos da entidade financeira
A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA asinaron unha nova edición da súa iniciativa conxunta de compromiso co emprendemento e a consolidación empresarial, impulsando o apoio ao tecido produtivo da capital autonómica e a súa área de influencia. O acordo foi asinado polo vicepresidente da entidade cameral, Jorge Lorenzo, e o director de Negocio Institucional de ABANCA en Galicia, España Norte e Portugal, José Lino Comesaña, quen destacaron a importancia da colaboración entre ambas entidades como motor de crecemento e competitividade empresarial.
A través deste convenio a Cámara compostelá realizará unha serie de xornadas formativas e encontros empresariais sobre temas de actualidade co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial e o apoio ás novas iniciativas emprendedoras.
O Vicepresidente da Cámara, Jorge Lorenzo, destacou que “este acordo con ABANCA supón un paso máis no noso compromiso co tecido empresarial da nosa contorna. Desde a Cámara seguimos traballando para ofrecer espazos de encontro, diálogo e colaboración entre empresas, que permitan compartir coñecemento, detectar oportunidades e afrontar con maiores garantías os retos actuais. A colaboración con entidades como ABANCA resulta clave para impulsar iniciativas que xeren valor e contribúan ao desenvolvemento económico de Galicia”.
Pola súa banda, José Lino Comesaña, subliñou que “con esta alianza, en ABANCA reafirmamos a nosa vocación de ser o banco de proximidade para o tecido produtivo de Santiago. Non queremos limitarnos a dar soporte financeiro, senón que o noso propósito é estar ao lado de cada empresario e emprendedor, escoitando as súas necesidades reais para ofrecer solucións áxiles e humanas aos retos que presenta o escenario económico actual.
Ademais, ABANCA oferta a través do convenio unhas condicións financeiras personalizadas e adaptadas ás necesidades dos autónomos, micropemes, pemes e startups vinculados á Cámara co obxectivo de que ningún proxecto viable se frustre por falta de financiamiento, facilitando o desenvolvemento dos seus proxectos e mellorar a súa capacidade de investimento.
A Cámara de Comercio de Santiago continúa así reforzando o seu papel como axente dinamizador da actividade empresarial, mentres que ABANCA consolida a súa aposta polo desenvolvemento económico e o apoio a empresas e autónomos.

