Home A Coruña Gonzalo Trenor visita aos alumnos do Obradoiro de Rianxo no que se...

Gonzalo Trenor visita aos alumnos do Obradoiro de Rianxo no que se forma a 16 desempregados menores de 30 anos en creación de páxinas web cunha achegada da Xunta de máis de 369.000€

- Anuncio -

O delegado territorial lembrou que na comarca do Barbanza estanse a celebrar catro talleres de formación en Serra de Outes, Porto do Son, Ribeira e Rianxo cun apoio do Goberno galego de máis de 1,4M€
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o obradoiro de emprego Carnero Valenzuela II en Rianxo de confección e publicación de páxinas web, que conta cunha achega da Xunta da máis de 369.000€. Trátase dun taller de emprego dirixido a menores de 30 anos.
O representante da Xunta na Coruña lembrou que na comarca de Barbanza estanse a celebrar catro obradoiros: dous ordinarios duais e dous dirixidos a menores de 30 anos. Concretamente, os ordinarios estanse a celebrar en Serra de Outes, compartido con Lousame e Noia; e en Porto do Son compartido con Ribeira; e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Ribeira e Rianxo. A Xunta achega máis 1,4 millóns de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.
Os curso de Serra de Outes forma a 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, o de Porto de Son a outros 20 desempregados en Carpintería e Moble e en actividades auxiliares en conservación e mellora de mobles; o de garantía xuvenil en Ribeira forma a 15 alumnos en operacións básicas de cociña; e o de Rianxo a 16 desempregados en confección e publicación de páxinas web.
Trenor destacou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos desempregados e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación está sendo especialmente útil nestes difíciles momentos porque os alumnos ademais de recibir formación perciben un salario durante os meses que dura o obradoiro.
O representante do Goberno autonómico incidiu en que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna o que lles permite atopar con facilidade posibles empregados entre os alumnos. En relación con taller de Rianxo, centrado na creación de páxinas web, destacou que é un sector que neste momento ten moita demanda sobre todo enfocado á venta e comercialización online ante as novas necesidades xurdidas pola crise sanitaria. Por iso, animou aos alumnos a aproveitar ao máximo cada minuto de curso porque “de vós depende que ao rematar á formación sexa máis fácil atopar un emprego”, engadiu.

Relacionadas

Aberta a inscrición para unha nova andaina saudable por Viladonelle e Anca o domingo...

0
O Concello de Neda vén de pechar o percorrido da andaina saudable do mes de maio. A ruta circular, prevista para o día 12,...

Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a seguridade viaria...

0
O alcalde solicitou a inclusión nos Orzamentos do Estado do proxecto de construción dunha rotonda na N-525, que facilitará o acceso ás aldeas de...

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

Publicacións Relacionadas