Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

Redacción

– O Deputado de Promoción Económica e Social participou este sábado na gala de entrega destes galardóns que se celebrou no Círculo das Artes e contou coa actuación musical de Lucía Pérez e a colaboración de 10 cociñeiros galegos

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na gala de entrega dos premios Dalle Like, os galardóns que recoñecen o talento dos creadores de contido de Galicia e que a través das redes sociais contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos. A institución provincial colaborou con esta iniciativa cunha achega económica de 3.000€.

O evento, que se celebrou no Círculo das Artes de Lugo, premiou aos mellores influencers en nove categorías diferentes: cultura, humor, moda, viaxes ou deportes, entre outros. Ademais, a programación estivo ambientado nunha romaría tradicional con postos dirixidos por 10 cociñeiros galegos e tamén incluíu actuacións musicais de artistas internacionais e da cantante Lucía Pérez.

Rivera Capón valorou a “creatividade e as horas de traballo” que realizan para “conectar coa xente” e destacou especialmente a súas capacidades para “crear comunidade desde algo tan simple, e complicado ao mesmo tempo, como ter unha voz propia. Unha voz que gala desde Galicia, a provincia de Lugo, coa nosa forma de ver o mundo, coa nosa retranca, cultura e naturalidade de quen non necesita parecerse a ninguén para conectar”.

“Na Deputación de Lugo sentimos orgullo de apoiar unha iniciativa coma esta porque sodes persoas capaces de transformar unha idea en algo que conecta coa xente. E iso sempre merece recoñecemento”.  O Deputado Provincial rematou a súa intervención para felicitar ás persoas que organizaron esta cita, así como aos nominados e a todos os premiados.

Comparte este artigo