Home A Coruña A Xunta licita por preto de 73.000 euros a restauración do retablo...

A Xunta licita por preto de 73.000 euros a restauración do retablo maior da Igrexa de Santiago de Pontedeume

- Anuncio -

A actuación prevista ten por obxectivo resolver as patoloxías detectadas no retablo para garantir a súa conservación
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a Igrexa de Santiago en Pontedeume para anunciar que a Xunta de Galicia licitará hoxe mesmo a restauración do seu retablo maior. Esta actuación conta cun orzamento de preto de 73.000 euros e ten por obxectivo resolver as patoloxías detectadas no retablo para garantir a súa conservación.
O templo −queA se atopa no Camiño Inglés− está protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no catálogo de protección do PXOM. Así mesmo faise mención ao seu valor cultural na declaración da comarca eumesa como conxunto histórico. A actuación prevista encádrase dentro da aposta das competencias da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por conservar o patrimonio cultural de Galicia.
As principais actuacións consistirán na limpeza e recuperación da imaxe de Santiago Sedente e o sagrario, na adecuación da zona do sagrario antedita para continuar a lectura do banco pétreo (axuste dos sillares en relación co banco existente, encintados con morteiro de cal), na limpeza da superficie, no reforzo dos elementos metálicos e ancoraxes, tratamentos na estrutura, na restauración dos lenzos, na limpeza de vernices oxidados, nos repintes puntuais e reintegración cromática e na realización dun fondo e unha cruz para a desaparecida fornela central, co obxecto de recuperar unha lectura unitaria do conxunto.
A igrexa de Santiago da súa traza orixinal só se conserva a capela maior, edificada en 1538, por encargo de Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas. Debido a un incendio no tempo foi reconstruído no século XVIII, baixo o mandato do arcebispo Raxoi. Caracterízase por contar cunha gran bóveda estrelada.

Para poder desenvolver estes traballos a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, asinou un convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración en varios inmobles eclesiásticos en toda Galicia.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas