O alcalde recibe no Concello os cónsules de México e do Uruguai

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá dous encontros institucionais na casa do concello cos representantes diplomáticos de México e O Uruguai en Galicia. A xornada comezou coa recepción ao ourensán Alfonso Pereira, cónsul honorario de México en Galicia, e continuou con Ramiro Rodríguez Bausero, cónsul xeral do Uruguai, quen solicitou a audiencia con motivo da finalización das súas funcións oficiais no cargo.

Estes encontros forman parte dos contactos periódicos que o goberno municipal mantén cos representantes de diferentes países na nosa cidade coa finalidade de estreitar lazos e explorar vías de colaboración institucional. Este mesmo ano, o alcalde xa recibiu no Concello ao cónsul honorario do Reino dos Países Baixos en Galicia e Asturias, Eugenio González de Haz Díaz-Castroverde, e ao cónsul honorario de Ucraína en Galicia, Antonio Corredoira Alfonso.

Comparte este artigo