O Concello impulsa o plan para a posta en valor do Castro de Elviña, onde este luns comezarán as obras de construción do novo centro de apoio

Redacción

Este equipamento permitirá prestar servizo ás actividades arqueolóxicas edidácticas no xacemento, e tamén funcionará como un punto de información e recepción ás persoas visitantes

O Concello avanza co seu plan de accións para a posta en valor do Castro de Elviña, un dos principais enclaves patrimoniais e históricos da cidade, e onde o Goberno de Inés Rey está a dar pasos en firme co obxectivo de visibilizar a súa actividade e mellorar a experiencia das persoas visitantes.

O vindeiro luns 25 comezarán as obras de construción do novo centro de apoio ás iniciativas arqueolóxicas e didácticas, un equipamento clave para potenciar o Castro como recurso cultural, paisaxístico e medioambiental, concibido como un espazo de asistencia ásexcavacións arqueolóxicas que se desenvolvan alí no futuro e tamén como un punto de información e recepción turística.

Ademais, o centro de apoio tamén estará dimensionado para posibilitar a realización de talleres didácticos e interpretativos, unha iniciativa que xa se leva a cabo en recintos como oMuseo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, e que no caso do Castro, se prevé de gran utilidade para achegar á cidadanía á historia do xacemento e resaltar a importancia do seu medio natural e etnográfico.

Os traballos, adxudicados á empresa Citanias e que se levarán a cabo nas inmediacións do acceso principal ao Castro, contan cun prazo de execución de seis meses. Ao longo desta semana completáronse as xestións previas e asinouse a acta de replanteo das obras.
“O Castro de Elviña é un espazo clave para entender a evolución e historia da nosa cidade. Cómpre coidalo, preservar a súa identidade e, ademais, adecuar os seus accesos para facelo máis visible a ollos da cidadanía e das moitas persoas que visitan A Coruña”, indicou Rey lembrou que o Castro está aberto a visitas durante todo o ano —con horarios diferenciados nas tempadas de inverno e verán— e, ao longo do curso escolar, tamén acolle excursións dos centros educativos coruñeses.

Tres actuacións en marcha no Castro, por un valor conxunto de 700.000 euros

A alcaldesa puxo en valor esta intervención, que supón un investimento de 272.000 euros e permite ao Executivo local dar un paso máis na súa folla de ruta para mellorar o Castro de Elviña e a súa contorna, onde tamén se construirá un novo peche perimetral de protección e seguridade. Ademais, e xa máis recentemente, a Xunta de Goberno Local aprobou a saída a concurso dos traballos para acondicionar e mellorar a accesibilidade no interior e os exteriores do Castro.

Sumando estas tres actuacións, o Concello destina case 700.000 euros á revitalización do recinto, onde nos últimos anos xa se desenvolveron importantes campañas de sondaxes e excavación, deixando notables avances nas investigacións realizadas en puntos como a ladeira sur do Castro. Neste sector, tempo atrás, foi onde se acharon fragmentos decerámica romana e proxectís de granito.

Comparte este artigo