Home A Coruña A Xunta licita as obras de mellora de firmes en tres estradas...

A Xunta licita as obras de mellora de firmes en tres estradas dos concellos de Santiago, Ames, Val do Dubra, Boqueixón, Touro, e Boiro por máis dun millón de euros

- Anuncio -

O delegado da Xunta na Coruña visitou un dos tramos nos que se levará a cabo esta obra no concello de Ames
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o concello de Ames para anunciar que a Xunta licitou por un importe de algo máis dun millón de euros obras de mellora das condicións de circulación nas estradas AC-453 de Roxos a Portomouro, na AC-960 desde A Susana ao límite con Vila de Cruces e na AC-305 entre Padrón e Ribeira. As obras consistirán na mellora do firme naqueles treitos máis deteriorados e afectará a tramos nos concellos de Santiago, Ames, Val do Dubra, Boqueixón, Touro e Boiro. O prazo para a presentación das ofertas para as empresas interesadas será ata o 19 de abril.
Nas zonas máis deterioradas levarase a cabo un fresado e reposición do firme traballando en anchos variables dependendo da posición e extensión das pataloxías, en zonas de firme con zonas fisuradas pero sen deformación a rehabilitación consistirá na extensión dunha capa,de rodadura en todo o ancho do carril. A actuación completarase con reposición da sinalización horizontal e balizamento e repintaranse as zonas nas que se realice o fresado e a reposición.
Trenor apuntou que “a conservación das vías de titularidade autonómica e a mellora da seguridade viaria son dous eixes estratéxicos da política de estradas que está a desenvolver o Goberno galego, xa que iso significa falar da vida e da integridade das persoas e non hai nada que estea por enriba diso”.

Hai que recordar que Galicia conta cunha das redes viarias máis extensas de toda España e tamén soporta unhas condicións meteorolóxicas que obrigan a un especial coidado das estradas para garantir a seguridade dos usuarios que transitan por elas.

Plan de reforzos de firmes
Trenor destacou que este tipo de actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme que ten como obxectivo prioritario conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que van máis alá das tarefas ordinarias de conservación, complementándoas tamén con obras de conservación extraordinarias.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas