Home A Coruña A Xunta apoia os traballos de acondicionamento e de mellora da accesibilidade...

A Xunta apoia os traballos de acondicionamento e de mellora da accesibilidade realizados na Casa do Concello de Aranga

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as melloras levadas a cabo no edificio

A Xunta destinou o ano pasado unha axuda de 35.000 euros ao concello de Aranga no marco da Orde de Infraestruturas de uso público para levar a cabo actuacións de acondicionamento e de mellora de accesibilidade na casa consistorial. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou a importancia desta liña de axudas para garantir a calidade dos servizos municipais, como neste caso facilitar o confort dos usuarios que se achegan cada día a realizar os seus trámites á Casa do Concello.

Natalia Prieto destacou a necesidade da colaboración entre a Administración autonómica e a local para executar actuacións coma estas que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.

A través da Orde de infraestruturas de uso público, a Xunta financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Na convocatoria deste ano, o Goberno galego mantén o orzamento de 4 millóns de euros desta liña de axudas do ano pasado, despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros.

O investimento da Administración autonómica no municipio o ano pasado foi de case 114.000 euros e ademais destas actuacións na Casa do Concello, a Xunta tamén colaborou na reparación de camiños e, no marco do Fondo de Compensación Ambiental na ampliación das traídas de auga de varios núcleos, así como no mantemento da brigada ambiental, en conxunto cos concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior. A Xunta vén apoiando os custos deste grupo nos últimos anos e, segundo destacou Natalia Prieto, a colaboración entre administracións e tamén entre entidades locais con servizos comúns coma este que contribúan a gañar eficiencia e optimizar recursos. Así, as aportacións da Administración autonómica ao concello de Aranga para melloras ambientais e de infraestruturas municipais supera os 771.000 euros.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Publicacións Relacionadas