Dende mañá, mércores 27 de maio, e ata o venres 29 de maio, ambos incluídos, permanecerá cortado ao tráfico un treito da estrada provincial LU-P-4802 debido ao inicio dos traballos de aglomerado en quente nesta vía, que conecta Santalla coa Ponte Soutelo, no concello de Ribeira de Piquín.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933.
As obras serán executadas pola empresa OVISA PAVIMENTOS Y OBRAS S.L.U. e contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.

