Domínguez condena as dúas agresións homófobas sucedidas en Pontevedra

Redacción

• O líder do PP mostra o seu apoio ás vítimas e esixe firmeza fronte a calquera comportamento violento ou discriminatorio na cidade

O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, condenou con rotundidade as dúas agresións homófobas sucedidas nos últimos días na cidade, nas que as vítimas sufriron violencia verbal e física pola súa orientación sexual.

Domínguez lamentou, por mor do comunicado difundido por Avante LGTB+, que se sigan producindo a día de hoxe “condutas tan graves e intolerables contra as que debemos loitar desde as institucións para que non teñan cabida na nosa cidade”.

O líder do PP trasladou o seu apoio absoluto ás vítimas e pediu firmeza fronte a calquera comportamento violento ou discriminatorio en Pontevedra.

Comparte este artigo