Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación únese aos polígonos e á CEO para pedir a estación...

A Deputación únese aos polígonos e á CEO para pedir a estación de mercancías en San Cibrao

- Anuncio -

Manuel Baltar confirmoulle esta mañá ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono “o apoio da institución provincial” e salientou “a importancia que poden ter os fondos europeos no ámbito da mobilidade”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmoulle hoxe ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, José Antonio Rodríguez, o apoio da institución provincial á reivindicación para que a estación ferroviaria de mercancías se sitúe neste polígono industrial. Na reunión celebrada no Pazo Provincial, Baltar salientou “a importancia que os fondos europeos poden ter no ámbito da mobilidade” e expresou que o proxecto da estación de mercancías “ten unha entidade importante para a provincia”, salientando neste sentido “a relevancia que supón que todas as administracións públicas poidan axudar e cooperar na execución do mesmo”.

“Desde a Deputación de Ourense e desde o Inorde apoiamos firmemente esta iniciativa para que este proxecto siga adiante por parte de todas as administracións para a súa materialización, dada a gran importancia que ten para a provincia de Ourense”, comentou Manuel Baltar.

Desta maneira, o presidente do goberno provincial únese ás reivindicacións que por parte dos polígonos industriais de San Cibrao, Pereiro de Aguiar e Barreiros e da CEO se fai a prol desta infraestrutura ferroviaria, para concentrar nela o tráfico de mercancías que agora se reparte entre esta área industrial, a estación de Taboadela e a estación Ourense-Empalme.

O anteproxecto, presentado e defendido polo presidente da Comisión da Confederación de Empresarios de Galicia, Manuel Martínez Rapela, e o arquitecto Fernando Lamas, que é o autor, expón unha única estación na Cidade do Transporte, no Polígono. Esta infraestrutura non só cubrirá as necesidades actuais da área industrial máis extensa de Galicia, senón que “é imprescindible para o conxunto da comunidade”, a xuízo de Martínez Rapela. Lamas chamou a atención sobre as sinerxias que xerará esta nova estación, que substituirá á de Ourense- Empale e integrará á de Taboadela. “Á estación de Ourense só chega o 10% da carga de mercadorías, mentres que no Polígono móvense o 90%”, polo que ten todo o sentido agrupar todo o tráfico na Cidade do Transporte. Subliñou tamén que co traslado liberaranse 140.000 metros cadrados de chan na actual estación de Ourense, o que abre un amplo abanico de posibilidades e usos para este espazo, equivalente a uns 20 campos de fútbol como o do Couto.

As razóns que xustifican o proxecto, cun custo de 20 millóns de euros, son: que tres estaciones de mercadorías para a pouca tonelaxe que se manexa na actualidade non son funcionais, senón custosas, polo seu mantemento; que a estación Empalme está moi infrautilizada na súa vertente mercante e a nova estación de Alta Velocidade que alí se constrúe necesita de mellor aspecto, máis espazo, que aínda sobraría, mesmo, para outros usos cidadáns se se incorpora o da actual zona de mercadorías; que a localización no lugar onde se manexan actualmente o 90% (San Cibrao) das mercadorías de Ourense é o idóneo para a nova localización, e finalmente que a liña de Zamora, que quedará libre pola entrada en servizo do AV/AV, permite a utilización case exclusiva para mercadorías, e o lóxico é que os operadores que circulen cara a Medina del Campo/Venta de Baños desde Galicia fagan uso dela con máis frecuencia que a de León, que é máis antiga con peor trazado e compaxinando coa circulación de pasaxeiros. Ademais, o percorrido é de 160 quilómetros menos que por León.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

Publicacións Relacionadas