Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer en valor a figura de Luísa Villalta

- Anuncio -

O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7 de maio. O sábado 4 de maio terá lugar un percorrido literario polas salas do Museo relacionando os seus fondos coa obra da autora

A institución provincial dispón dunha colección de fichas didácticas no seu sitio web sobre todos os autores e autoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde 1963 e acaba de incluír á escritora homenaxeada este ano

A Deputación de Pontevedra dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer en valor a figura de Luísa Villalta. Deste xeito, a institución provincial ten programado contacontos e un percorrido literario no Museo de Pontevedra para afondar na traxectoria da escritora e na web institucional recóllese a ficha didáctica sobre a autora homenaxeada co gallo do Día das Letras Galegas neste 2024.

O Museo acollerá as mañás dos xoves 2, venres 3 e martes 7 de maio unha serie de contacontos ilustrados sobre Luisa Villalta. Trátase dunha actividade desenvolvida por Polo Correo do Vento, que está deseñada para o público escolar, a partir de cuarto de primaria, e busca poñer en valor a figura da autora relacionándoa cos fondos existentes no museo. Na actividade, mentres o narrador trata a biografía adaptada de Luísa Villalta, o ilustrador crea un mural relacionado. Ademais, contémplase a realización dun obradoiro de debuxo, no que, seguindo as instrucións do ilustrador, o alumnado fará unha caricatura de Luísa Villalta.

Tamén no Museo de Pontevedra terá lugar o sábado 4 de maio, ás 12 h, un percorrido literario a cargo de Polo Correo do Vento. Durante unha hora, as persoas participantes visitarán as salas do Museo relacionando os seus fondos coa obra de Luísa Villalta e doutras autoras e autores que foron homenaxeados no Día das Letras Galegas. Para esta actividade non é necesaria a inscrición previa.

O camiño andado das letras

Ademais, a Deputación de Pontevedra contempla na súa web a sección “O camiño andado das letras”, unha colección de fichas didácticas con información sobre todos os autores e autoras homenaxeadas co gallo do Día das Letras Galegas, desde o seu establecemento o 17 de maio de 1963. Cada ficha didáctica conta con dúas versións, unha para público adulto e outra para público infantil e ámbalas dúas están compostas por cadansúa ilustración, unha pequena biografía, un apartado de ‘grandes éxitos’, un pequeno fragmento dalgunha das obras da súa autoría e mais un apartado para colorear no caso das versións infantís.

‘O camiño andado das letras’ inclúe todas as figuras homenaxeadas nas Letras Galegas, desde Rosalía de Castro ata Luísa Villalta. Da autora á que se lle dedica a efeméride este ano, a ficha recolle que foi escritora, tradutora e violinista. Estudou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e tamén foi titulada superior en violín, formando parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela. Foi docente de ensino secundario, practicou xéneros como a poesía, o ensaio, a narrativa e mais o teatro, e destacou pola súa intensa actividade cultural e por unha obra que combina a música e a palabra. Como obras destacadas, sinálanse ‘Música reservada’ (1991) e ‘En concreto’ (2004, Premio Espiral Maior de Poesía e Premio da Crítica), das que tamén se recollen cadanseu fragmento.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas