Desde a administración local cubriuse a totalidade dos proxectos reais presentados pola veciñanza.
O Concello de Ourense finalizou con rigorosidade a xestión das axudas do Programa de Barrios (fondos NextGenerationEU), asegurando que todos e cada un dos expedientes viables solicitados polos cidadáns de Ourense recibiron a súa correspondente cobertura económica. Tras finalizar o período de tramitación e presentarse a xustificación técnica, a administración municipal procederá á devolución dos fondos sobrantes que non foron obxecto de demanda por parte dos particulares.
Desde a administración local sublíñase que as subvencións directas á vivenda outórganse exclusivamente a petición e risco dos interesados; unha vez cubertas de maneira íntegra todas as demandas reais rexistradas, o Concello de Ourense procederá a liberar o remanente dos fondos públicos do Estado para o seu bo aproveitamento noutras políticas activas.

