O Concello de Neda vén de completar a sinalización das prazas de aparcadoiro exprés nas inmediacións das tres farmacias da localidade (Uriarte, Portela e Muchiqueira). A medida busca facilitarlle o estacionamento á clientela destes establecementos, pensando especialmente nas persoas de idade avanzada ou que teñan algunha doenza.
A cuadrilla de operarios do PEL- Concellos, que financia a Deputación da Coruña, encargouse do pintado das prazas e da colocación dos sinais verticais, que limitan a un máximo de 15 minutos o tempo de ocupación dentro do horario de apertura.
A medida busca mellorar a accesibilidade a estes servizos esenciais, que xa contaban con prazas destinadas a vehículos de persoas con mobilidade reducida.
Todas as farmacias de Neda contan xa con prazas de estacionamento exprés

