Miño celebrará este domingo o Día da Bicicleta cun roteiro polo paseo do Lambre

Redacción

• A saída terá lugar ás 10.00 horas da praza do Parchís

O Concello de Miño celebrará este domingo, 31 de maio, unha nova edición do Día da Bicicleta, unha iniciativa que busca promover o deporte, os hábitos saudables e o uso deste medio de transporte entre a cidadanía.

A saída terá lugar ás 10.00 horas desde a praza do Parchís. As persoas participantes realizarán un roteiro de 15 quilómetros polo paseo do Lambre, nun percorrido pensado para desfrutar do deporte e a contorna natural.
Os nenos e nenas menores de oito anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta e será obrigatorio o uso de casco durante toda a actividade.

A proba contará cun vehículo de apoio e, ao finalizar, ofrecerase unha merenda para todos os participantes.

Comparte este artigo