O Concello colabora nesta iniciativa de lecer, cunha programación que combina sevillanas, música en directo e DJ, desde as 17.00 ata a 1.00 h
O Campo da Feira de Ourense converterase mañá, sábado, 30 de maio, no escenario de “La Feria del Paripé”, unha iniciativa que fusiona a estética das feiras tradicionais co concepto do “tardeo”. O evento, que conta coa colaboración do Concello de Ourense, ofrecerá desde as 17.00 ata a 1.00 horas unha xornada ininterrompida de música, convivencia e baile que pretende dinamizar a actividade cultural e de lecer da cidade.
O acceso ao recinto será gratuíto durante a primeira hora (de 17.00 a 18.00 h), posteriormente será de pago. As entradas, desde 5 euros, pódense adquirir de forma anticipada na internet, a través da plataforma Fourvenues.
A organización deseñou unha proposta musical variada dividida en dous grandes bloques de estilos: por un lado, a “esencia flamenca” con rumbas en directo e sevillanas e, polo outro, unha selección de éxitos actuais e música urbana.
Dende a organización destacan o formato do evento: “Chega o tardeo máis grande á cidade. Moita arte e moitas sevillanas durante toda a tarde para non parar de bailar e paripé en estado puro cos mellores top hits e reggaeton de antes e de agora. Sevillanas, feira, e moita arte. Rumbita en directo, con version de todo tipo de cancións de antes e de agora e DJ con temazos, reggaeton e moita festa”, sinalan.
Horarios da programación:
- 00 h | Apertura de portas (Entrada de balde ata as 18.00 h)
- De 17.30 a 18.30 h | Concurso de sevillanas
- De 18.30 a 19.30 h | Rumba en directo
- De 19.30 a 1.00 h | Sesión de DJ

