Home A Coruña A Xunta colabora co concello de Laracha na prevención dos lumes forestais...

A Xunta colabora co concello de Laracha na prevención dos lumes forestais cunha achega para a adquisición dun vehículo motobomba

- Anuncio -

A axuda encádrase no Fondo de compensación ambiental, ao que a Administración autonómica destina 11M€ no 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, achegouse hoxe a Laracha para coñecer de primeira man as actuacións que leva a cabo o concello para o coidado do medio ambiente e a prevención dos incendios forestais, labores que contaron cunha achega da Xunta para a adquisición dun vehículo motobomba.

O vehículo está destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco, como labores mecanizados de roza de estradas, camiños forestais ou predios.

Para a súa compra, o Concello de Laracha contou cunha axuda de 32.000 euros do Fondo de cooperación ambiental, co que o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Natalia Prieto destacou a importancia deste tipo de investimentos na defensa do medio ambiente e na prevención dos incendios forestais, e recordou que a Vicepresidencia Primeira da Xunta, a través das diferentes liñas de axudas da Dirección Xeral de Administración Local, concedeu entre os anos 2009 e 2021 un total de 754.881 euros ao Concello de Laracha para distintas actuacións na mellora das condicións de vida dos veciños.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Publicacións Relacionadas