Home A Paradanta A Cañiza O PP reclama á Deputación un convenio económico co Concello da Cañiza...

O PP reclama á Deputación un convenio económico co Concello da Cañiza que permita reabrir a piscina climatizada

- Anuncio -

• Miguel Domínguez defenderá unha moción no pleno provincial deste mes.
• Lamenta que o Goberno local non fixese ningunha xestión con outras administracións e se limitase a dicir que esta instalación é deficitaria e precisa adaptarse aos protocolos anti-Covid.

O deputado do PP e voceiro local da Cañiza, Miguel Domínguez, reclamará á Deputación de Pontevedra un convenio económico co Concello que permita reabrir a piscina climatizada que xa leva pechada catorce meses. “Vivir no rural non pode ser un obstáculo para acceder a este tipo de servizos e por iso reclamamos apoio da institución provincial fronte á parálise e pasotismo do Goberno local”, defende.

Domínguez sostén que a piscina é un referente para a comarca dende o día da súa apertura. Non só dá servizo aos veciños da Cañiza, senón tamén aos veciños de todos os concellos limítrofes. Pero, ademais, converteuse nun servizo fundamental para as persoas que a precisan por terapia, forma parte das actividades de varios colexios e incluso acollía todos os anos varios campionatos. Ademais, as ampliación e mellora das instalacións que se fixeron hai algúns anos, permitiu incrementar de xeito notable os usuarios.

Pero a declaración do primeiro Estado de Alarma provocou que a piscina pechase e xa non volvese a abrir por unha decisión do Goberno local, que xustifica que a instalación leve pechada desde hai máis de un ano porque precisa adaptarse aos protocolos anti-covid e é un servizo deficitarios. Unhas “escusas” que están prexudicando aos veciños da Cañiza e de toda a comarca, que comproban como si noutros concellos como Ponteareas, O Porriño, Mos, Redondela, Vigo ou Pontevedra están funcionando. Ademais, Domínguez critica que en todo o tempo que a piscina leva pechada, o Goberno local non fixese ningunha xestión para intentar reabrir a instalación, como buscar axudas, traballar na súa posta a punto e adaptala á nova realidade e, ademais, perderon as axudas da Xunta de Galicia e non pediron nin recibiron ningunha da Deputación de Pontevedra.

Por iso buscará apoio no Goberno provincial, sendo conscientes da importancia qeu ten esta infraestrutura non só para A Cañiza, senón para toda a comarca de Paradanta.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas