A Deputación felicita ao Campus de Lugo pola nova central de biomasa que marca un avance importante cara a transición enerxética

Redacción

-O Deputado de Promoción Económica e Social asistiu este mércores na Escola Politécnica Superior á posta en marcha da nova infraestrutura que “é un exemplo de sustentabilidade, eficiencia e cooperación institucional”

O Deputación de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este mércores na Escola Politécnica Superior á inauguración da nova central de biomasa do Campus de Lugo da (USC), unha infraestrutura que supón un avance relevante na aposta pola sustentabilidade e a transición ecolóxica. Rivera Capón felicitou á Universidade de Santiago de Compostela pola posta en marcha da nova central que “supón un importante avance na aposta pola sustentabilidade, eficiencia e cooperación institucional”.
O proxecto, financiado con fondos europeos NextGeneration, permitirá abastecer a práctica totalidade dos edificios universitarios e substituír os combustibles fósiles, cunha redución estimada superior ao 90% das emisións de CO₂ e un aforro económico e enerxético significativo.
O Deputado provincial destacou o valor desta actuación como “un paso relevante na transición enerxética, así como o seu carácter estratéxico para o Campus de Lugo, tanto polo seu impacto ambiental e económico como polo seu potencial formativo e divulgativo”.

Comparte este artigo