Alternativa demandará avances sobre a inversión millonaria aprobada na sesión plenaria de novembro do 2025 para a mellora e actualización de infraestruturas deportivas.
Despoís de sete meses da aprobación dos fondos aínda non se licitou ningunha das máis de 15 actuacións anunciadas, polo que se solicitará ao goberno que concrete os avances realizados e prazos previstos.
Alternativa dos Veciños sinala que continúa trasladando ao pleno diversas queixas veciñais relacionadas co estado das infraestruturas deportivas. Entre elas, o deterioro de peches perimetrais, redes e porterías nas pistas polideportivas de Castro- Laxe, O Burgo e Portádego, que continúan en espera de melloras.
O grupo critica que se fixo moita publicidade sobre a inversión para a execución de estas actuacións, pero aínda non están a ser traducidas en melloras reais para as persoas usuarias das instalacións deportivas do municipio.

