As Canteiras do Porriño prepáranse para o Petra Rosa Festival cun primeiro día de talento local e entrada gratuíta 

Redacción
  • O festival arranca este xoves cunha xornada de balde dedicada aos grupos locais, antes de dar paso a grandes nomes do panorama nacional como Pablo López, Antonio Orozco e Sergio Dalma.

A conta atrás xa comezou. Do 25 ao 28 de xuño, as Canteiras do Porriño acollerán catro xornadas consecutivas de música en directo nunha contorna única en Galicia, converténdose por primeira vez no escenario do agardado Petra Rosa Festival.

Como apertura, e para que todo o mundo poida gozar do entorno úinco que supoñen as canteiras, o concello ven de anunciar unha primeira xornada con entrada de balde e talento local. Sera o xoves, coas actuacións do músico e compositor porriñés Iker Fauré (20:30 h), que presentará os seus temas máis recentes tras o seu paso por varios estudios de televisión, seguido por Noemi (21:30 h), a recoñecida voz porriñesa que destaca pola súa proxección internacional e a súa participación en certames como La Voz Kids ou o Tour Music Fest. Para pechar a noite por todo o alto, o produtor e DJSamu Pexe (23:00 h) fará vibrar as canteiras cos seus enérxicos sets que mesturan ritmos afro, sons tribais e o mellor tech house actual. Adeais o toque tradicional estará presente coas actuacións dos gaiteiros Penediños e A Forna.

Grandes nomes nacionais para as seguintes xornadas

Tras a inauguración local, o festival continuará os días seguintes da man dunha produtora musical, traendo ás canteiras un cartel que reunirá a algúns dos artistas máis destacados do panorama nacional, con propostas para públicos moi diversos.

O venres de xuño será a quenda de Pablo López, que ofrecerá un concerto no que interpretará algúns dos temas máis destacados da súa traxectoria. O cantante e compositor malagueño protagonizará unha das actuacións máis agardadas do festival nunha contorna especialmente concibida para gozar da música en directo.

O sábado 27 de xuño, aprogramación continuará coa actuación de Antonio Orozco. O artista catalán chegará ao Porriño cun repertorio que inclúe algúns dos grandes éxitos da súa carreira, consolidada como unha das máis recoñecidas do pop español contemporáneo.

O domingo 28 de xuño o peche do festival terá lugar con Sergio Dalma, encargado de poñer o broche final a esta primeira edición. O seu concerto completará un cartel que reúne a algunhas das figuras máis populares do panorama musical nacional.

Impulsado polo Concello do Porriño e a promotora Emotional Events, e co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo, Petra Rosa Festival nace co obxectivo de situar ao Porriño no mapa dos grandes ciclos musicais de Galicia e contribuír á dinamización cultural, turística e económica do territorio.

Comparte este artigo