Home Tabeirós A Estrada A Xunta reúnese cos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro e...

A Xunta reúnese cos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro e Forcarei e comunícalles que informará desfavorablemente calquera parque eólico fóra das áreas autorizadas pola Lei do ano 1997

- Anuncio -

• A Dirección Xeral reiterou durante a xuntanza que non promove ningún parque e que son as empresas as que buscan ubicacións ao abeiro do decreto liberalizador do Goberno de España.

Os alcaldes dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Campo Lameiro e un concelleiro de Forcarei asistiron á xuntanza sectorial convocada pola directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, para comunicarlles que a Xunta de Galicia informará desfavorablemente calquera parque eólico promovido por unha empresa enerxética privada que queira instalarse fóra das áreas autorizadas pola Lei do ano 1997.

No transcurso da xuntanza, a directora xeral informou aos representantes destes catro concellos de que a Xunta non promove ningún parque eólico senón que pertencen á iniciativa privada xurdida a raíz do decreto liberalizador do sector aprobado polo Goberno de España.

Asemade, indicoulles que todos e cada un dos proxectos que se presenten serán sometidos a un rigoroso procedemento regrado que deberá pasar todos e cada un dos procedementos administrativos e de organismos sectoriais pertinentes para maior garantía da defensa dos intereses xerais, patrimoniais e medioambientais de Galicia.

Ao rematar esta xuntanza informativa, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manifestou o seu agradecemento á directora xeral pola iniciativa de convocar esta reunión e pola información “tranquilizadora” trasladada aos concellos e indicou que “seguiremos moi atentos o percorrido que fagan estes proxectos eólicos con incidencia no noso municipio unindo as nosas alegacións ás da Xunta para frenar calquera parque que non cumpra coa legalidade ou que estea fóra desa área de implantación que marca o Plan Eólico do ano 1997”.

CUBELA INFORMARÁ Á COMISIÓN DE SEGUEMENTO E OFRECE APOIO LEGAL NA DEFENSA DOS INTERESES DOS VECIÑOS E DOS LUGARES
Jorge Cubela trasladará a información recollida nesta xuntanza á Comisión de Seguemento polos eólicos recentemente creada polo Concello de Cerdedo-Cotobade e do que forman parte, ademais do alcalde, as Comunidades de Montes, técnicos municipais e á que están convidados os voceiros da oposición.

Cubela informou tamén de que o Concello de Cerdedo-Cotobade porá a disposición dos veciños e comunidades de montes tódolos seus recursos
legais para poder presentar alegacións e emprender accións en defensa dos intereses da veciñanza e dos lugares que poidan verse perxudicados pola implantación dalgún proxecto eólico inadecuado.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas