O edificio da Biblioteca Municipal de Nigrán, seleccionado para ser exposto no Congreso Mundial de Arquitectos en Barcelona

Redacción
XORNADA EMERXENCIAS TRANSFRONTEIRIZAS O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, participa na inauguración da xornada técnica: Intervencións transfronteirizas derivadas de riscos naturais. Tamén participan na presentación, Carlos García Touriñán (Presidente de APTB España), Gabriel Muñoz Simal (Xerente de APTB España) e Marcos Araujo Pereira (Xerente de AXEGA). No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia seleccionou este proxecto do estudio Gándara#Pons para ser exposto no encontro da Unión Internacional de Arquitectos do 28 de xuño ao 2 de xullo en Barcelona

O deseño xa fora elixido polo COAG de Galicia como a mellor edificación da comunidade nos anos 2021-2022 e, ademais, gañou o premio ibérico Technal no 2022 e acadou o segundo posto nos ‘Premios AyE 2024’

“É un edificio icónico de Nigrán que nos sitúa no mapa da mellor arquitectura moderna de todo o país; sentímonos moi orgullosos deste edificio público do Concello”, subliña o alcalde, Juan González

Nigrán, 24/06/26.- O proxecto do edificio da Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán será unha das referencias de España no congreso mundial de arquitectos que terá lugar do 28 de xuño ao 2 de xullo en Barcelona. Deste xeito, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) seleccionou o traballo do estudo vigués Gándara#Pons para ser exposto no espazo que ocupe o Consejo Superior de Arquitectos de España. A institución galega volve a situar esta edificación como o mellor exemplo de arquitectura contemporánea na comunidade, xa que anteriormente lle outorgara o galardón ao mellor edificio de nova planta construído en Galicia entre os anos 2021-2022.

O encontro promovido desde a Unión Internacional de Arquitectos reunirá en Barcelona a un total de 10.000 participantes e 250 relatores de todo o mundo en oito escenarios, con máis de 100 sesións; alén de contar cunha exposición central de 4.000 metros cadrados concentrados fundamentalmente na icónica nave de turbinas das Tres Cheminease e setenta itinerarios arquitectónicos despregados pola rexión.

“É unha confirmación máis de algo que xa sabíamos: a biblioteca de Nigrán é un edificio icónico no municipio que nos sitúa no mapa da mellor arquitectura moderna de todo o país, e iso o din institucións como o COAG; o certo é que en Nigrán sentímonos moi orgullosos deste edificio público promovido desde o Concello porque é unha mestura perfecta de beleza, harmonía e confortabilidade para o usuario”, subliña o alcalde, Juan González, quen incide que a biblioteca tern recibido excursións ex-profeso desde a facultade de Arquitectura de A Coruña.

O certo é que ademais dos devanditos recoñecementos do COAG, o edificio gañou o premio ibérico Technal no 2022 e acadou o segundo posto nos ‘Premios AyE 2024’, ambos premios cun xurado composto por arquitectos tan recoñecidos como o premio nacional Carmé Pinos o Elizabeth Abalo y Gonzalo Alonso do estudo Abalo Alonso arquitectos, Antonio Cruz y Antonio Ortiz …

“Somos un estudo moi pequeno, somos só dúas persoas que o fan todo e que lle botamos moitísimas horas de traballo, por iso estes recoñecementos nos enchen de orgullo. No caso da Biblioteca Municipal estamos moi agradecidos ao Concello porque nos deron absoluta liberdade creativa, e iso para nos é un pracer, máximo cando se trata de deseñar un espazo cultural”, indican Lucas Gándara e Juan Pons, responsables tamén da remodelación da praza adxacente á biblioteca.

Biblioteca Municipal

O edificio ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, fronte a rúa do Panasco). O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que teña dúas entradas, con accesos tanto dende o andar baixo como desde o primeiro, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Desde o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa á entrada polo andar baixo.

Conta con catro alturas, planta irregular, e superficie total construída de 1.260 m2 clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.

Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na planta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior. A cuberta está deseñada como unha terraza onde poder desenvolver actos.

O mobiliario elixido estivo supervisado polos seus arquitectos e destaca por ser de liñas puras e deseño atemporal, en tons neutros e fabricado en materiais de alta calidade que lle outorgan resistencia e durabilidade. 

Comparte este artigo