A xornada “A Eclipse Solar” permitirá á veciñanza prepararse para vivir con seguridade o eclipse total que será visible en Galicia o 12 de agosto de 2026
O Concello de Soutomaior celebrará o próximo 11 de xullo de 2026 a xornada divulgativa “A Eclipse Solar”, unha proposta gratuíta dirixida ao público xeral a partir dos 5 anos coa que se busca preparar á cidadanía para un dos acontecementos astronómicos máis importantes das últimas décadas.
O motivo desta iniciativa é a chegada do eclipse solar total do 12 de agosto de 2026, un fenómeno excepcional que poderá observarse en gran parte de Galicia e para o que Soutomaior se perfila como un lugar privilexiado desde o que desfrutar deste espectáculo natural.
A actividade desenvolverase ación científica, actividades participativas e unha simulación do eclipse que permitirá ás persoas asistentes comprender mellor como se producirá este fenómeno e que efectos poderá percibir quen o observe.
A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, destaca que “o eclipse será unha ocasión única que dificilmente volveremos vivir nas mesmas condicións, polo que queremos que a veciñanza poida coñecer este fenómeno e desfrutalo con todas as garantías. Esta xornada permitirá prepararnos para ese momento e converter a observación do eclipse nunha experiencia segura, compartida e enriquecedora para persoas de todas as idades”.
Como parte da actividade, as persoas inscritas recibirán unhas gafas homologadas para a observación segura do eclipse solar, un elemento fundamental para contemplar o fenómeno sen riscos para a visión.
A xornada contará con 200 prazas e está aberta ao público xeral a partir dos cinco anos de idade. As inscricións poderán realizarse en liña desde o luns 29 de xuño ás 09:30 horas ata o mércores 8 de xullo de 2026.
Con esta iniciativa, Soutomaior continúa apostando pola divulgación científica e pola organización de actividades que achegan o coñecemento á cidadanía, ao tempo que se prepara para vivir un dos grandes acontecementos astronómicos do século.

