Home O Salnés Cambados Cambados acollerá os vindeiros luns e martes novos cribados poboacionais efectuados pola...

Cambados acollerá os vindeiros luns e martes novos cribados poboacionais efectuados pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para detectar casos asintomáticos de Covid 19

- Anuncio -

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocará aleatoriamente e vía SMS telefónico a 1.200 persoas dentre 30 e 39 anos con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde desta localidade

Este cribado voluntario contará no Salón José Peña cambadés con dous equipos de enfermaría en cada turno

O SERGAS reitera á poboación a importancia preventiva de asistir aos cribados que se efectúan cara a avanzar na contención e superación dos efectos da pandemia

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuará durante a tarde do luns 10 de maio e durante mañá e a tarde do vindeiro martes 11 de maio de 2021 un novo cribado poboacional con PCR con mostra nasofarínxea nas dependencias do Salón José Peña de Cambados, para detectar casos positivos asintomáticos de COVID 19 nesta localidade arousá.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocará aleatoriamente e vía SMS telefónico a 1.200 persoas dentre 30 e 39 anos de idade da poboación cambadesa con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello.

Para levar a cabo este novo cribado voluntario poboacional en Cambados, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no Salón José Peña con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.

O procesado das mostras realizaráse no laboratorio de Microbioloxía desta Area Sanitaria e os resultados se enviarán á poboación mediante mensaxe SMS. Nos casos positivos, o Servizo Galego de Saúde contactará telefonicamente coas persoas para informarlles sobre as medidas preventivas a adoptar. O SERGAS reitera á poboación a importancia preventiva de asistir aos cribados que se efectúan cara a avanzar na contención e superación dos efectos da pandemia.

Dous positivos no cribado de Vilanova de Arousa
Por outra banda, cómpre sinalar que os novos cribados poboacionais con PCR efectuados o pasado xoves 6 de maio no pabellón municipal de Vilanova de Arousa pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron dous casos positivos de COVID 19. O SERGAS convocou a 1.598 persoas dentre 50 e 64 anos deste municipio e, finalmente, se achegaron 991 cidadáns, cifra que representa o 62,02 por cento da convocatoria voluntaria nesta localidade.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas