- Este venres celebrouse unha concentración que tivo lugar diante do Concello ás 12 horas
O Concello de Bueu uniuse este venres ás mostras de solidariedade polas vítimas dos terremotos de Venezuela. A concentración, que foi convocada pola FEGAMP e a FEMP, tivo lugar diante da Casa Consistorial ás 12 horas e nela estiveron o alcalde, concelleiros e concelleiras, persoal municipal e veciñanza.
Félix Juncal, alcalde da vila, salientou que “a forte vinculación que une a Galicia e Bueu con Venezuela, terra de acollida de miles de galegos e galegas, fainos sentir esta traxedia especialmente próxima, por iso debemos manifestar publicamente o noso pésame ás familias das vítimas e o noso apoio ás persoas afectadas”.
Os terremotos deixan, polo momento, 235 mortos, 4.300 feridos e máis de 250 edificios parcial ou totalmente destruídos. O Ministerio de Exteriores español informou de que hai, polo menos, 80 españois desaparecidos e dous mortos.

