- Marrucho’s Racing Team estará mañá 27 de xuño en: “Baiona Diversa: Memoria, Voz e Rúa” difundindo o proxecto e vendendo merchandsing e lotería na Praza de Abastos de Baiona
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, recibiron nas dependencias do Concello aos integrantes do Marrucho’s Racing Team, procedentes do municipio, e que recentemente se clasificaron para o Campionato de España de STEM Racing, clasificándose para o Mundial de Singapura.
Este logro conseguírono ao quedar cuartos na clasificación nacional, sendo así os primeiros baioneses en conseguir a devandita fazaña. Ademais tamén recibiron o prestixioso Spirit of STEM Racing Award, un recoñecemento que distingue valores como o compañeirismo, esforzo e deportividade demostrados durante toda a competición.
O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, quixo agradecer a visita aos estudantes que xuntos crearon unha pequena escuadra e deseñaron un modelo a escala dun coche de carreiras.
Almuiña mostrou “o gran orgullo que supón para o municipio seguir tendo exemplos de bo facer e constancia, e concretamente entre a mocidade pois son valores que se transmiten entre os máis novos”.
Tamén lles animou a seguir co gran traballo realizado ata o de agora para que lles lidere a seguir cultivando grandes éxitos e mostroulles todo o seu apoio para o Campionato do Mundo de STEM Racing, que se celebrará en outubro en Singapura.
Chamamento ao patrocinio: Unha oportunidade única para as empresas
o billete a Singapura xa é unha realidade, pero agora chega o verdadeiro reto fóra da pista: conseguir os patrocinios necesarios. Con apenas 15 e 16 anos, estes mozos e mozas levan o nome de Baiona e de toda Galicia ao cume da tecnoloxía e a competición internacional.
Desde o equipo e as institucións faise un chamamento urxente a empresas e patrocinadores que queiran unirse a esta proeza, asociando a súa marca a valores como o talento novo, a innovación, o esforzo e a enxeñería do futuro.
A fazaña cobra unha dimensión extraordinaria ao analizar as cifras da competición: dos 100 equipos profesionais aspirantes en toda España, só 19 lograron chegar ao campionato nacional. Tras tres días de infarto e unha competencia feroz, Marrucho’s Racing Team consolidouse no Olimpo da competición ao facerse cunha das tan só 4 prazas dispoñibles para o Mundial.
Tres días de máxima presión técnica e humana
os mozos, de entre 15 e 16 anos, demostraron unha madurez e un nivel de excelencia asombrosos, superando con nota as esixentes probas do campionato:
- Escrutinio técnico: Validación por parte dos xuíces de que o coche cumpría estritamente con todas as normas de deseño e fabricación.
- Defensa de porfolios: Presentación e defensa dos seus portafolios de Empresa e Enxeñería ante paneis de expertos.
- Presentación oral: Unha exposición técnica e comercial baixo a lupa do xurado.
- Proba contra o reloxo: A montaxe da súa caseta no Sports Summit nun tempo marca e cronometrado de 45 minutos, onde ademais tiveron que “vender” o seu proxecto a todo o público asistente.
- O corazón do equipo: Premio “Spirit of STEM Racing”

