Últimos días para matricularse no Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo

Redacción

MATRÍCULA TERMINA DÍA 30 DE XUÑO

Últimos días para matricularse no Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo de Baiona.

Este próximo curso o ciclo pasa a ser de formación dual intensiva con prácticas remuneradas.

A inserción laboral poderá ser en campamentos e lecer educativo. Tamén en hoteis e xestión cultural, asociacións e proxectos sociais, actividades xuvenís e culturais, turismo experiencial ou ludotecas e centros sociais.

Comparte este artigo