Día de disfrute e inclusión en Baiona

Redacción

O Concello de Baiona foi testemuña dunha alianza institucional a favor da inclusión.

Os usuarios dos centros de discapacidade da Xunta de Galicia desfrutaron dunha xornada de convivencia cunha excursión marítima ás Illas Cíes, organizada no marco de colaboración entre o Monte Real Club de Iates de Baiona e a Xunta de Galicia.

O encontro contou co respaldo no terreo de Begoña Abeijón, Directora Xeral de Política Social da Xunta de Galicia; José Luis Álvarez, presidente do club náutico; e membros da corporación local do Concello de Baiona.

Seguimos sumando esforzos entre administracións e o tecido deportivo para garantir o lecer inclusivo, a accesibilidade universal e a igualdade de oportunidades en contornas naturais únicas.

Comparte este artigo