- Os populares calificaron de inadmisible a “actitude chulesca e prepotente” no pleno, tras lembrar que o goberno está en minoría, pasando por riba da normativa por impedir a votación da retirada dun punto e incumprindo o seu regulamento dos Salcedenses Distinguidos
- O voceiro, Santi Davila tamén criticou a discriminación á que se somete aos veciños que discrepan da acción do goberno e revela que négase o asfaltado 8entre utros) por este motivo
O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de denunciar a “deriva ditatorial” da alcaldesa, Dolores Castiñeira, nos últimos tempos e que se exemplificaron no pleno celebrado o luns pola comisión de numerosas irregularidades coa propia normativa da sesión ou de puntos que ían a debate e que se engaden ao tratamento desigual e discriminatorio que o executivo de MS profesa sobre os veciños críticos coa súa xestión.
“Á pésima situación económica e aos numerosos proxectos que se venden pero nunca se executan por parte do goberno de Dolores Castiñeira, temos que engadir aínda por riba unha actitude chulesca e prepotente, saltando as normativas e maltratando aos veciños discrepantes dun goberno que hai que lembrar que está en minoría e encabezado por un partido que perdeu as eleccións. Neste momento, o Concello de Salceda atópase nun pésimo momento, que pagan os veciños, e cun enorme déficit democrático que non merece o noso pobo”, manifestou o voceiro municipal, Santi Davila.
O concelleiro popular calificou de “dantesco” o panorama vivido no pleno, posto que o goberno local incumpríu o seu propio regulamento para a concesión dos recoñecementos dos Salcedenses Distinguidos ao non permitir propostas dos demais grupos e incumprir os prazos, a non creción da comisión a tal efecto e limitándose a informar por mensaxería móbil dos galardonados apenas cinco horas antes da sesión plenaria.
Pero é que ademais, a alcaldesa negouse a votar a retirada dun punto da orde do día -referido a unha cuestión sobre un traballador municipal- malia ser solicitado por dous concelleiro, (un en nome do noso grupo, e tamén o único que ten o BNG) que temos dereito a iso e que obriga a pronunciarse a toda a corporación en votación. “O ROF deixa ben claro que había que votar a retirada, pero como a alcaldesa sabía que ía perdela, xa que PP, BNG e os dous do Psoe que están no goberno pero dixeron que votarían a favor da retirada, e polo tanto en contra da propia alcaldesa, esta saltouse a normativa para poder ser actuando contra este empregado público ao que lle están a facer a vida imposible, exercendo unha moi clara pero presunta persecución persoal”, explicou.
Finalmente, Santi Davila tamén incidíu en que esta “política de persecución, discriminación e castigo” da alcaldesa tamén está a chegar aos veciños, especialmente aos críticos coa súa xestión, e revelou que estase a negar o asfaltado (entre outras) nun camino público que linda ca vivenda deste veciño, “simplemente porque o seu propietario amosa o seu desacordo coas políticas de Movemento Salceda”. “Semella que estamos nunha ditadura exercida pola señora Castiñeira e nunha situación intolerable que vamos a seguir denunciando”, concluíu.

